Formación
Formación
Hoxe en día é imprescindible falar dous idiomas estranxeiros, ademais do propio. E para os aprender cómpre tempo porque non existe atallo ningún. Ora ben, en BL&S cremos que se pode optimizar a aprendizaxe do idioma ao máximo, guiando ao alumno cun método eficiente.
Os métodos de ensino de idiomas que propoñen as editoriais son estándar e están dirixidos a todo tipo de alumnos, sexa cal for a súa orixe. Os devanditos métodos permiten ensinar un idioma a unha clase composta por alumnos de varias nacionalidades, que é o que demandan a meirande parte das academias de idiomas. Iso permítelles abranguer grupos máis grandes e heteroxéneos.
Ademais, baséanse nun sistema de repetición de estruturas gramaticais que o alumno memoriza para adquirir unha capacidade básica de comunicación: facer a compra, saudar, solicitar certas cousas nas administracións estranxeiras, etc.
Para acadar esa capacidade básica de comunicación, o alumno precisa anos de aprendizaxe. Nós cremos que se pode optimizar a aprendizaxe. Sen prometer milagres!
01
Fundamentación
Os idiomas non son outra cousa ca “códigos” con diferentes secuencias que aprendemos dende que nacemos a base de repetición. Durante a nosa formación e tamén por medio da lectura, engadimos vocabulario á nosa “base de datos”. Á fin e ao cabo, imos aprendendo ao longo da nosa vida. Para lle ensinar a un alumno o “código” do que se compón a lingua estranxeira, hai que ter en conta alguns parámetros decisivos. É necesario saber identificar e illar as semellanzas e as diferenzas que existen entre esa lingua estranxeira e a materna, ter en conta a idade do alumno, o seu nivel de formación e a súa motivación.
Estes catro parámetros definirán como e a que velocidade se lle ensinará ao alumno ese “código” que lle permitirá facerse co idioma.
A nosa experiencia de máis de 20 anos no ensino de idiomas demostrounos que se o alumno entende o “código” do idioma estranxeiro que está a aprender, non só será quen de construír oracións máis complexas, senón que terá unha base sólida que lle permitirá aumentar rapidamente os seus coñecementos do idioma.
02
Oferta formativa
- Cursos para Ed. Infantil e Ed. Primaria (3-12 anos)
Os nenos están separados por idades en grupos de máximo 5 alumnos
- Cursos para Ed. Secundaria e Bacharelato (12-18 anos)
Os grupos están organizados por ciclos e nunca superan os 5 alumnos
- Cursos para a preparación de exames oficiais
- Cursos preparatorios para o programa Erasmus
- Cursos de idiomas para extraescolares en colexios e institutos
- Cursos para empresas
- Cursos para adultos
Cursos homoxéneos con obxectivos similares
Ofrecémosche a posibilidade de presentarche a nosa metodoloxía.
Dinos o que precisas de nós
Como che podemos axudar?