Filosofía

A nosa filosofía

Logo de anos colaborando en diferentes proxectos e acumulando experiencia en tradución, asesoría lingüística, coaching empresarial e ensino de idiomas, varios profesionais decidimos asociarnos e compartir un único espazo para ofrecerlles un servizo integral tanto a empresas como a particulares.

Deste xeito, os nosos clientes dispoñen de calquera servizo lingüístico que precisen sen ter que perder tempo buscando e coordinando os profesionais necesarios.

Business & Language Solutions quérese converter no socio de confianza daquelas empresas e particulares que precisan tanto apoio nas suas relacións con administracións, clientes e provedores estranxeiros como formación para os seus empregados.

A experiencia e a eficiencia garanten a excelencia dos nosos servizos

Qué nos diferencia

Sabemos que o cliente busca sempre un produto de calidade. En B&LS esixímonos a nós mesmos esa máxima calidade en cada un dos nosos servizos.

  • Unha persoa de referencia para cada proxecto: logo de contratar un servizo, o cliente terá un único interlocutor para así facilitar a comunicación e axilizar os prazos.
  • As traducións son feitas por nativos licenciados e sempre se someten a unha segunda revisión dun especialista antes da súa entrega.
  • Os servizos de asesoría lingüística están dirixidos por profesionais nativos altamente cualificados e con experiencia en protocolo e comercio internacional.
  • Metodoloxía propia de ensino con profesores licenciados.

Confía en nós