Coaching

Coaching

Paga a pena contratar un asesor para buscar un posto de traballo? Aporta algo contactar cun coach para potenciar o noso crecemento profesional? Por suposto!

A miúdo non damos detectado por nós mesmos as oportunidades profesionais que se nos presentan ou non sabemos como sortear certas situacións complicadas. Un profesional con experiencia e amplos coñecementos do microcosmos empresarial pode aportar ese plus que marcará a diferenza.

 

Como che podemos axudar

As nosas liñas de traballo

01

Coaching de desenvolvemento profesional

Levamos 20 anos axudando os nosos clientes no desenvolvemento das súas carreiras profesionais, asesorándoos na procura dun traballo que lles permita medrar.

O noso labor non se limita a redactar un currículo que poida ser enviado a centos de empresas, senón que se centra en saber que é o que procuramos, descubrir que perfil ofrecemos e atopar a empresa á que lle podemos aportar algo e na que podemos medrar tanto de xeito persoal como profesional. Este enfoque único de colaboración cos nosos clientes permitiunos obter magníficos resultados ao longo destes anos.

En B&LS, colaborando cos nosos clientes, seleccionamos empresas obxectivo, redactamos currículos e preparamos as entrevistas.

E, por suposto, a confidencialidade é absoluta

02

A nosa visión do currículo

Cando temos que redactar o noso currículo, a miúdo non sabemos por onde comezar, que información engadir nin como resaltar aquilo que nos diferenciará doutros candidatos.

Nun currículo ben feito todo conta: o formato, a foto e a descrición breve pero certa das nosas cualidades e a nosa experiencia laboral.

Se, ademais, queremos atopar traballo no estranxeiro, cómpre saber adaptar o formato e o contido ao que se espera no país ao que queremos ir.

Deste xeito obtemos un currículo cun aspecto e un contido atractivos e redactado de maneira que convenza á empresa á que vai dirixido.

Queres acadar os teus obxectivos?

Contacta connosco