Tradución
Tradución
A filosofía da nosa axencia de tradución alicérzase na excelencia que nos dan a nosa experiencia e eficiencia. Posuímos unha ampla experiencia na tradución de diferentes eidos coma o científico-técnico, xurídico ou humanístico. Cada tradución é revisada por un segundo tradutor e, se o cliente o esixe, tamén por un profesional especialista. Confía en nós. Non defraudamos.
Areas de especialización
01
Tradución especializada no ámbito das humanidades
En B&LS dispoñemos de tradutores especializados en diferentes eidos das humanidades coma a filoloxía, a literatura, a historia, a socioloxía e o xornalismo.
Para o autor é moi importante que o seu texto académico ou artigo xornalístico teña a mesma calidade lingüística e o mesmo contido na lingua á que foi traducido. Os autores, ao igual ca nós, son conscientes de que a súa reputación no estranxeiro se pode ver mermada por un texto mal traducido. Por iso revisamos cada texto minuciosamente para que estea impecable en todos os aspectos: lingua, estilo e adecuación.
Tipos de textos:
- Textos xornalísticos
- Textos literarios
- Textos de Historia e Socioloxía
- Traballos de fin de grao, traballos de fin de mestrado e teses
- Manuais, etc.
02
Tradución científico-técnica
A tradución científico-técnica é un dos ámbitos más complexos e actualmente máis demandados polas empresas. Ademais de dominar as linguas de traballo, o tradutor debe ter un coñecemento amplo da materia.
O noso equipo de tradutores expertos conta con formación especializada demostrable, o que lle permite cumprir cos nosos esixentes estándares de calidade.
Tipos de documentos:
- Automoción
- Enxeñería civil
- Enxeñería industrial
- ISO
- Patentes
- Medicina
- Bioloxía e Química
- Telecomunicacións
- Enerxía
- Textos académicos
03
Tradución empresarial
Área financeira, económica e contable
O impacto dun texto en calquera desas tres áreas pode ser crítico. Por esa razón, a tradución ten que se corresponder cos máis altos estándares de calidade. A corrección e revisión de todos os textos por parte don especialista nesas áreas resulta indispensable.
Nós entendemos que os datos que nos confían os nosos clientes poden ser sensibles e polo tanto garantimos unha confidencialidade total mediante contrato.
Tipos de documentos:
Contas anuais
Balances e contas de resultados
Informes financeiros
- Valoración de activos
- Libros contables
- Facturas
- Folletos de información de produtos e valores bancarios
- Comunicados de prensa con contido financeiro
- Artigos de prensa financeira ou económica
- Manuais de formación
Márketing
O márketing consolidouse como un dos principais piares da industria e centra os seus esforzos nun conxunto de pasos composto polas 7 Ps. Ben sabemos o importante que son cada un dos pasos e, como empresa de tradución, podemos desempeñar un papel fundamental en varios deles. As empresas invisten moitos recursos na parte visual dos seus produtos (o deseño, a packaging e un formato web vistoso), mais a miúdo fallan na parte da lingua. Non é difícil atopar webs mal traducidas, folletos de presentación de produtos pouco atractivos porque a lingua non está adaptada culturalmente, etc. En B&LS somos conscientes de todo isto e aplicamos a transcreación nas nosas traducións para achegar os produtos do noso cliente a calquera grupo lingüístico.
Tipos de documentos:
- Etiquetas
- Folletos de presentación de produtos
- Páxinas web
- Publicidade
- Anuncios
- Comunicados de prensa, etc.
04
Tradución xurídico-administrativa
A tradución xurídica é, se cadra, o ámbito de tradución máis complicado xa que esixe ao tradutor non só coñecer en profundidade os diferentes sistemas xurídicos, senón que tamén comprender os matices terminolóxicos e lingüísticos das linguas que trata. Debido ás diferenzas entre os sistemas xurídicos, a miúdo non existen equivalencias semánticas exactas entre dous termos. Para non incorrer en erros, a tradución xurídica adoita ser bastante exacta.
Aínda así, en B&LS entendemos que un bufete de avogados, unha asesoría fiscal e unha consultora necesitan saber cal sería o termo equivalente en español para entender mellor en que fase se topa un determinado trámite administrativo ou xudicial do seu cliente. En caso de que o noso cliente así o esixira, engadiríamos eses datos nun anexo da tradución.
Tipos de documentos:
- Demandas, xuízos, sentenzas, recursos e actas xudiciais
- Procedementos xudiciais ou de arbitraxe
- Poderes e actas notariais
- Pólizas de seguros e informes periciais
- Patentes, dereitos de autor e licenzas de explotación da propiedad intelectual
- Acordos empresariais e actas de xuntas de accionistas
- Actas constitutivas de sociedade e estatutos
- Contratos ou acordos que obriga a empresas ou particulares
- Textos administrativos de toda clase
Proceso de traballo
O noso método de traballo divídese nos seguintes pasos
1. Envío dos documentos
O cliente ponse en contacto connosco por correo electrónico ou a través do formulario de contacto.
Atendemos as peticións específicas relacionadas co proxecto e acordamos os pormenores como os prazos, as linguas de traballo, a necesidade de adaptación cultural do documento, etc.
2. Elaboración do orzamento
Logo de recibir os arquivos, analizaremos o volume de traballo, o nivel de especialización, as repeticións no documento e o formato e enviarémosche un orzamento no prazo dun día hábil.
3. Aceptación
O cliente dispón dun prazo de 30 días para aceptar o orzamento ou propoñer algunha modificación. Unha vez aceptado o orzamento, asignarémoslle unha persoa de confianza ao cliente, que o manterá informado do avance do proxecto ata a súa entrega.
4. Tradución
Confiarémoslle o proxecto ao tradutor especializado no campo correspondente. Todos e cada un dos documentos traducidos gozarán de total confidencialidade mediante contrato.
5. Revisión
Antes da entrega, todas as nosas traducións son revisadas por un segundo tradutor especializado.
6. Entrega e seguimento
Enviaremos o proxecto no formato convido e a través das canles acordadas.
A persoa de referencia poñerase en contacto co cliente para asegurar que a tradución cumpre coas súas expectativas. Así mesmo, quedaremos á súa disposición para calquera dúbida.
Dinos o que precisas
Podemos axudarche?