Asesoría lingüística
Asesoría lingüística
En B&LS identificamos unha serie de necesidades comúns aos nosos clientes e por iso decidimos elaborar solucións eficientes para lles dar resposta.
Damos un paso decidido alén do servizo de tradución e estamos seguros de que a experiencia acumulada na interrelación comercial e cultural con Alemaña, Francia e Gran Bretaña suporán unha plusvalía.
Queremos ser a persoa de confianza que precisan os nosos clientes no desenvolvemento das súas relacións comerciais internacionais e na súa comunicación coas administracións estranxeiras.
En B&LS axustámonos ás necesidades de cada cliente e poñemos á súa disposición unha atención personalizada. Por iso estamos abertos a deseñar solución específicas que se cadra non están contempladas no noso catálogo, pero que a túa empresa necesita.
01
Servizo de tradución informal de documentos.
Entendemos que as empresas, por mor dos custos, non se poden permitir pagar unha traducción formal de toda a documentación que reciben. Ora ben, nunca deberían desaproveitar unha oportunidade comercial nin incorrer nun malentendido cunha administración estranxeira. O noso servizo de tradución informal permitiralles aos nosos clientes saber rapidamente o que contén a correspondencia que manteñen cos seus socios e clientes e a documentación que reciben.
02
Servizo de externalización de secretariado internacional
O idioma é clave para construír e afianzar unhas boas relación comerciais. Ao redactar os correos na lingua do destinatario, non só poderás matizar mellor o que demanda ou oferta a túa empresa, senón que demostrarás implicación, seriedade e eficiencia.
Ao apostar por comunicarte coas administracións estranxeiras na súa lingua, resolverás con maior rapidez e eficacia calquera problema que poida xurdir.
03
Servicio lingüístico e cultural de apoio ao comercio internacional
A túa empresa precisa preparar unha feira comercial ou ten previsto recibir os seus provedores ou os teus socios estranxeiros? O éxito deses encontros depende, en grande medida, dunha organización impecable que cumpra coas expectativas de ambas as dúas partes.
En colaboración co teu equipo, organizamos a visita do teu socio ou provedor estranxeiros, aconsellándote e planificando as actividades. Adaptamos o programa ás expectativas comerciais e culturais do teu socio ou provedor estranxeiros, que saberán decontado que contan cun socio comercial fiable.
Se, de xeito puntual, precisas da nosa presencia nalgunha das túas visitas ou reunións, estaremos encantados de ser parte do teu equipo. Cóntanos ou elabora connosco a estratexia da visita e poñeremos ao teu servizo a nosa experiencia e o noso saber facer.
Dinos o que precisas de nós
Que podemos facer por ti?