
A TÚA AXENCIA DE TRADUCIÓN
Axencia de tradución
A nosa axencia, formada por tradutores licenciados, acumula máis de 15 anos de experiencia demostrable en diferentes áreas. Para garantir a adecuación terminolóxica e cultural, todos os nosos colaboradores traducen para a súa lingua materna. Unha segunda revisión de cada texto asegura a calidade final.
Estamos especializados en traducións científico-técnicas, empresariais, xurídico-administrativas e de textos do ámbito das humanidades. O noso equipo conta con tradutores xurados en diferentes combinacións lingüísticas.
Asesoría lingüística
Axudamos e asesoramos a empresas na súa correspondencia con clientes, socios e autoridades estranxeiras.
Así mesmo, colaboramos na organización de visitas comerciais e feiras poñendo ao teu servizo os nosos coñecementos sobre a cultura comercial dos diferentes países.
Nos últimos anos comezamos a ofrecer estes servizos de apoio lingüístico para satisfacer necesidades puntuais dos nosos clientes. Pouco a pouco foi medrando a demanda e, con ela, tamén a nosa capacidade de resposta.
ASESORÍA LINGÜíSTICA
A solución que precisas
Os nosos servizos
B&LS ofrece a excelencia en todos os seus servizos. Non dubides en consultarnos.

B&LS Tradución
Todas as nosas traducións están realizadas polo noso equipo de profesionais especializados en diferentes áreas.
Máis

B&LS Formación
B&LS conta con profesionais especializados no ensino de idiomas, especialmente o alemán e o inglés.
Máis

B&LS Asesoría lingüística
O éxito da expansión internacional aséntase nunha comunicación correcta e fluída.
Máis

B&LS Coaching
Levamos moitos anos axudando os nosos clientes a optimizar con éxito os seus currículos e entrevistas.
Máis
Contacta connosco
Oficina
C/ Venezuela n.º 29, oficina 6
36203 Vigo (Pontevedra)
Contacto
Síguenos

Comprometidos cos nosos clientes
Precisas unha tradución formal, xurada ou simplemente saber que pon nun correo electrónico? Queres unha tradución personalizada para o teu portal web? Consúltanos sen compromiso e atoparemos a solución que mellor se axeite ás túas necesidades.
Axudamos a redactar respostas para socios comerciais, clientes e autoridades estranxeiras. Somos rápidos e eficientes.
Asesorámoste para acadar os teus obxectivos nas túas visitas de negocios e feiras comerciais.
Confía no noso equipo formado por profesionais nativos cunha alta formación académica e experiencia en protocolo.

Melloramos grazas á opinión dos nosos clientes
