AXENCIA DE TRADUCIÓN

A nosa dilatada experiencia e a eficiencia dos nosos profesionais garante a excelencia dos nosos servizos

ASESORÍA LINGÜÍSTICA

Queremos ser a túa axencia de confianza para os teus trámites e comunicacións tanto coa administración como con proveedores e clientes estranxeiros

Dinos o que precisas

Poñemos a nosa experiencia á túa disposición para che ofrecer o mellor servizo.

A TÚA AXENCIA DE TRADUCIÓN

Axencia de tradución

A nosa axencia, formada por tradutores licenciados, acumula máis de 15 anos de experiencia demostrable en diferentes áreas. Para garantir a adecuación terminolóxica e cultural, todos os nosos colaboradores traducen para a súa lingua materna. Unha segunda revisión de cada texto asegura a calidade final.

Estamos especializados en traducións científico-técnicas, empresariais, xurídico-administrativas e de textos do ámbito das humanidades. O noso equipo conta con tradutores xurados en diferentes combinacións lingüísticas.

Asesoría lingüística

Axudamos e asesoramos a empresas na súa correspondencia con clientes, socios e autoridades estranxeiras.

Así mesmo, colaboramos na organización de visitas comerciais e feiras poñendo ao teu servizo os nosos coñecementos sobre a cultura comercial dos diferentes países.

Nos últimos anos comezamos a ofrecer estes servizos de apoio lingüístico para satisfacer necesidades puntuais dos nosos clientes. Pouco a pouco foi medrando a demanda e, con ela, tamén a nosa capacidade de resposta.

ASESORÍA LINGÜíSTICA

A solución que precisas

Os nosos servizos

B&LS ofrece a excelencia en todos os seus servizos. Non dubides en consultarnos.

B&LS Tradución

Todas as nosas traducións están realizadas polo noso equipo de profesionais especializados en diferentes áreas.
Máis

B&LS Formación

B&LS conta con profesionais especializados no ensino de idiomas, especialmente o alemán e o inglés.
Máis

B&LS Asesoría lingüística

O éxito da expansión internacional aséntase nunha comunicación correcta e fluída.
Máis

B&LS Coaching

Levamos moitos anos axudando os nosos clientes a optimizar con éxito os seus currículos e entrevistas.
Máis

Contacta connosco

Oficina

C/ Venezuela n.º 29, oficina 6
36203 Vigo (Pontevedra)

Síguenos

Comprometidos cos nosos clientes

Precisas unha tradución formal, xurada ou simplemente saber que pon nun correo electrónico? Queres unha tradución personalizada para o teu portal web? Consúltanos sen compromiso e atoparemos a solución que mellor se axeite ás túas necesidades.
Axudamos a redactar respostas para socios comerciais, clientes e autoridades estranxeiras. Somos rápidos e eficientes.
Asesorámoste para acadar os teus obxectivos nas túas visitas de negocios e feiras comerciais.
Confía no noso equipo formado por profesionais nativos cunha alta formación académica e experiencia en protocolo.

Melloramos grazas á opinión dos nosos clientes

Contactei con B&LS para poder realizar todos os trámites para un cambio de residencia a Alemaña. O seu persoal tratoume de xeito moi cercano, explicoume con detalle todos os documentos que precisaba e tramitou todo de maneira eficaz. Creo que a confianza nestes asuntos é vital, e coa profesionalidade de B&LS, tívena en todo momento.

David Rodríguez Arias

Miriam Collins ensinoume que un idioma non son soamente palabras e que un texto é moito máis que unha serie de caracteres impresos nunha páxina. Coñecer os termos e o funcionamento da gramática é imprescindible, mais insuficiente: comprender o fondo cultural que impregna os produtos lingüísticos é a clave dunha boa tradución e fundamental para calquera profesional que traballe a nivel internacional.

Zarina Riva